viernes, 23 de febrero de 2018

Avaliación recíproca

Fai unhas semanas atrás, comezamos coas avaliacións recíprocas, é dicir, a avaliarnos entre compañeiros/as. O obxectivo fundamental desta tarefa, foi ver a distinta execución dun mesmo movemento e, por suposto, axudarnos entre nós a mellorar.

Para elo, utilizamos unha ferramenta de traballo dada polo profesor como foi unha ficha. Esta sinalaba, un por un, os aspectos técnicos a avaliar. Nela tiñamos que plasmar críticamente a execución do recobro por exemplo.

A dinámica organizativa foi en tríos. Mentres un integrante nadaba, os outros dous iban prestando atención a realización de aspectos técnicos sinalados en dita ficha. Unha vez que nos víramos nadar entre os tres, comentamos un a un os aspectos incorrectos e os correctos.
 A finalidade do aspectos incorrectos é obvia, melloralos. Pero por outra parte,  tamén aprendemos que é igual de importante comentar e resaltar os movementos realizados correctamente.

Persoalmente penso que é un método pouco usado na educación a pesar do seu gran aporte formativo. É un procedemento que participa no proceso de socialización do alumnado ao mesmo tempo que mellora as relacións interpersoais entre eles/elas; da seguridade ao alumno/a para afianzar as súas competencias; gratificaos co apoio do profesor/a delengando neles a función de correxir ; a motivación que atribúe ao estudo dos contidos teóricos.

Dada a función do técnico/a deportivo, pódeselle sumar a preparación previa e asimilación dunha das nosa futuras funcións. Como consecuencia os almnos/as tamén poden resolver dudas de como correxir ou transmitir un aspecto técnico dun determinado deporte. Ao mesmo tempo, este tipo de avaliacións segue permitíndolle ao profesor observar e valorar a aprendizaxe dos seus discentes.

Outro aspecto estimulado pola avaliación recíproca e que xa vimos experimentando neste modulo, é a aprendizaxe entre iguais. Este diferénciase moi ben do clásico modelo xerárquico  no que o mestre é a máxima autoridade e "o único que sabe".

A aprendizaxe de actividades e tarefas dende unha relación asimétrica, vólvese moito máis significativa e vital. O feito de ter un compañeiro valorándote e correxíndote dende o seu punto de vista, pode conseguir que modifiques un aspecto que o profesor leva machacandote todo o curso.


 A miña opinión o respecto é que isto é debido a relaxación e solidariedade que nos transmite estar traballando con un colega: pois tatándose dun compañeiro e sabendo que ambos teñen o mesmo obxectivo - a correcta realización dun xesto técnico- o esforzo por conseguir que o outro/a mellore incentivase porque despois os papeles de profesor-alumno vánse intercambiar.


Dende a miña experiencia fundada na sesión de avaliación recíproca que fixemos na piscina, tamén cabe destacar o compoñente reflexivo sobre o aprendido. Como expliquei o principio desta entrada, a medida que o "alumno/a" nadaba, os outros dous "profesores" iban completando unha ficha valorativa. Pois ben, ao ter que facer dita valoración, os profesores dese momento teñen que facer unha metódica reflexión sobre o modelo estándar visto na clase e o que están observando.

De certa forma, a aprendizaxe entre iguais tamén se pode enlazar con outro método que o noso profesor ven logrando dende comezos de curso, como é o feito de que nós mesmos sexamos os protagonistas do noso aprendizaxe.

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...