Evaluacións

Neste artigo, Pablo Villar e eu imos avaliar o blog de varios compañeiros e compañeiras. O análise centraráse no salto de altura de altura e pértiga, pois foron os que nos non tratamos extensamente nun artigo.
Poñeremos como nota máxima un 10. Para acadalo, será necesario acadar dita nota media nos apartados de: extensión, información e conclusión. Tamén engadiremos unha breve explicación argumentando o porqué da nota.

Blog de Alberto e Juanma

No blog dos nosos compañeiros imos pasar a analizar o salto con pértiga, xa que era un salto que íamos analizar pero parecíanos un pouco difícil á hora do análise.
  • Extensión: 10
  • Información: 9 
  • Conclusión: 9 
  • Nota final: 9
Dende o noso punto de vista, a información plasmada neste blog é bastante extensa, onde casa parte vai acompañada ca súa serie de fotografías que axudan moito para o entendemento da información. Logo a análise de brazos na fase de batida, a cal nos parece unha conclusión pouco doada, eles explicarona moi ben e parecenos moi interesante.



Blog de Martín e Alejo

Neste blog pasaremos a analizar a modalidade de salto de altura, que case ninguén tes nos seus apuntes. Como no anterior, a puntuación máis alta será un 10.

  • Extensión: 7
  • Información: 8
  • Conclusión: 6
  • Nota final: 7
En comparación ao anterior é moito menos extenso. A información vai acompañada dunha serie de fotos que axudan bastante a explicación de cada fase do salto de altura. Por último, a conclusión e  oi corta e non explican con extensión o que fai cada saltador. O que axudan son os vídeos que aparecen pero, dende o noso punto de vista deberían extenderse un pouco máis na conclusión.

Blog de Eric e Héctor

No blog destes compañeiros imos evaluar o salto de altura.

  • Extensión: 6
  • Información: 8
  • Conclusión: 8
  • Nota final: 7
Gustounos a claridade ca que expoñen os conceptos. Aínda que acompañan o contido con fotografías, non son as máis aclarativas, senon a maneira na que eles o explican. 
A forma de redactar non nos pareceu que fose a correcta, pois dende o noso punto de vista está moi esquematizado.

Blog Hugo e Esteban

Aquí analizaremos o salto de altura.

  • Extensión: 6
  • Información:6
  • Conclusión: 8
  • Nota final:7
En canto a información, gustounos a información que aportan sobre o reglamento e o desenrolo en xeral da carreira. Con todo, botamos en falta un repaso técnico do salto de altura previo a análise. Na conclusión, ainda que pensamos que lle quedaría mellor apoialo cun vídeo, puxemoslle unha nota bastante alta porque nos gustou a claridade ca que o representan.

 Blog Javier e Victor 

Neste blog valoramos a análise de salto con pértiga dos nosos compañeiros.

  • Extensión: 8
  • Información: 9
  • Conclusión: 7
  • Nota final: 8
A pesar de non ter unha gran extensión, decidimos pór dita nota porque se entenden perfectamente o explicado. A información da conclusión parécenos algo abstracta pola falta dun vídeo no que se poda observar o que explican.
Blog Roberto Freire e Pablo Leal
 
Aquí tamén valoraremos a análise de salto con pértiga.
  • Extensión: 8
  • Información: 8
  • Conclusión: 8
  • Nota final: 8
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...