Espalda

O estilo espalda en natación tamén é coñecido como crol invertido posto que, ca salvedade da orientación -supina- do corpo na auga, ten unhas características aparentemente similares. Manténse a acción alternativa de brazos e pernas e, debido ao desplazamento tendido, é dicir, boca arriba, tamén hai que realizar o rolido. Neste artigo veráse:

  1. Acción de pernas.
  2. Acción de brazos.
  3. Posición do corpo.
  4. Coordinación.
  5. Respiración.


1. ACCIÓN DE PERNAS

Como anteriormente dito, trátase dunha patada alternativa en diagonal que nace dende a cadeira, de forma contínua e maioritariamente movéndose no plano vertical. A súa función é manter horizontal o corpo, compensar e equilibrar a acción  dos brazos. Fases:


  • Batido descendente:  no momento que a perna descendente esta sen doblar o xeonllo, o pé ten unha pequena flexión dorsal. A perna que ascende deberá  facelo comezando a doblarse polo xeonllo e cunha lixeira flexión plantar. Cando a perna ascendente remata o batido atoparáse totalmente extendida.


  • Batido ascendente: os xeonllos vánse deslizando un ao lado doutro, os pés irán algo máis separados. O ángulo formado polo muslo e o xeonllo da perna ascendente, ha de ser aproximadamente de 95º. 





       *IMPORTANTE: Os xeonllos non deben romper a superficie. Os pés están soltos e relaxados rompendo lixeiramente a superficie.


2. ACCIÓN DE BRAZOS

Esta acción. ao igual que en crol subdivídese en 2 grandes apartados: fase aérea e fase subacuática. A maiores, o estilo espalda ten varios subapartados.

  • Fase subacuática: comeza coa entrada da mán na auga e remata coa saída da mesma. En todo ese recorrido atopámonos coas mesmas fases que en crol: entrada,agarre, tirón e empuxe. A primeira comeza co brazo extendido diante da cabeza e co hombro en línea (barrido descendente) a palma da man entrará orientada cara fóra. O movento propulsivo deberá realizarse con un movemento cara arriba, cara atrás e coa palma cara dentro (barrido ascendente) para logo, rematar o movemento empuxando a auga cara atrás. Antes de realizar a saída, o brazo deberá estar na línea media do corpo. O recorrido subacuático da mán debuxará unha forma de "S".
  • Fase aérea: é o recobro do brazo. Vai dende o momento no que a mán sae da auga ata que volve entrar. No seu paso pola vertical e a línea co hombro, o brazo rota e coloca a man cara fóra da línea media, preparando así a entrada da mán na auga.









3. POSICIÓN DO CORPO

A cabeza manderase de maneira que a superficie da auga estea a nivel da nuca e xusto por debaixo das orellas ou rozando o lóbulo da orella do nadador. O xiro do corpo é similar ao que vimos en crol. Con todo, a cabeza ha de permanecer fixa mentres o corpo se xira para un lado e o outro.

Para que o rolido ou xiro do corpo sexa efectivo é importante que a rotación se execute en perfecta sincronización cos brazos. La acción alternativa de los brazos hace que un brazo se estea movendo cara abaixo mentres o outro se desplaza cara arriba.

É moi importante que o corpo rote cara a mesma dirección na que se moven os brazos para evitar o balanceo de pernas e cadeiras. Por iso se debe rolar cara a dereita a medida que o brazo deste lado entra na auga efectuando o barrido descendente. O correcto sería realizalo cara a esquerda cando o brazo esquerdo realice o movemento correspondente.

O corpo debe rotar como unha unidade hombros-cadeiras-pernas.


4.COORDINACIÓN


  • Coordinación brazo-brazo:
Cuando un  brazo entra en el agua, el otro se encuentra en la fase de empuje. O brazo que fai o recobro móvese máis rápido ca o que está completando a brazada.
  • Coordinación brazos-piernas:
En función do atleta pode dárse distintos tempos na coordinación de brazos-pernas mais, en xeral, o máis utilizado é  un ciclo de brazos que corresponde a 6 batidas de pernas:

- O primeiro batido acaba ao final do agarre.
- O segundo batido acaba ao final do empuxe.
- O terceiro batido acaba na segunda fase do recobro.


5. RESPIRACIÓN

Neste estilo a respiración non resulta moi complexa posto que a cabeza está fóra da auga a maior parte do tempo. Para non cansarnos  é recomendable atopar un ritmo de respiración que non sexa moi lento nin moi rápido. para poder nadar cómodamente.

A inspiración reacilaráse polo lado do brazo de recobro e espiraráse durante o recobro. Pódese inspirar sempre polo mesmo lado ou ben ir alternando, para así levar unha mellor posición hidrodinámica.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...