Lanzamento de martillo

ÍNDICE

                                                        1. Descripción do lanzamento.
                                                        2. Área de competición.
                                                        3. Características do martillo.
                                                        4. Reglamento.
                                                        5. Técnica do lanzamento.
                                                        6. Sesións.



1. DESCRIPCIÓN DO LANZAMENTO

 O lanzamento de martillo é un deporte que pertence a rama do atletismo. O principal obxectivo que persigue o lanzador/a é lograr unha elevada velocidade de saída do artefacto, é dicir, o martillo. Para isto, o atleta realizará unha posta en acción con varios volteos, encadenados polos xiros (3 ou 4 según as características físicas e técnicas do lanzador/a). Posteriormente, enlázase coa parte final ou  solta o artefacto.




2. ÁREA DE COMPETICIÓN

Circulo de lanzamento

Este ha de ter un diámetro de 213,5cm e deberá estar marcada por unhas líneas de 5cm de ancho, brancas. Tamén deberá ter unha línea imaxinaria que se prolongue, horizontalmente 75cm fóra do círculo a cada lado. Esta línea divíde o círculo en dúas partes, sirvindo de referencia ao atleta para entrar e saír.

É importante que a superficie do círculo de lanzamento sexa dun material antideslizante.


A xaula utilizada ten unha altura mínima de 7m que conta con paneis fixos de 2,80m de ancho e paneis xiratorios que teñen 10m de altura. Deberá deseñarse, fabricarse e conservarse de maneira que a malla sexa capaz de deter a cabeza dun martillo. O seu acondicionamento deberá ser de tal maneira que non haxa perigo de que rebote cara o atleta ou vaia pola parte superior da xaula.





3. CARACTERÍSTICAS DO MARTILLO


O martillo consta de 3 partes principais, que son as que compoñen a totalidade do seu peso:
  • Cabeza metálica: que será de ferro macizo, latón ou ben outro material que non sexa máis blando que o latón ou unha envoltura de dito metal, recheo de plomo ou outro material sólido.
  • Cable: será dun so trozo de alambre de aceiro elástico, recto e irrompible, de 3mm de diámetro como mínimo. 
  • Soporte ou asa: será ríxida e sen unións articuladas de ningún tipo. Pode ter unha em




En tódalas Competición Internacionais, os artefactos utilizados deben cumprir as especificación da IAAF ( International Association of Athletics Federations). Na seguinte táboa amósase o peso que que deberá ser  utilizados en cada grupo de idade.




Mulleres
sub-18

3,000kg
Mulleres
sub-18/Sénior
4,000kg
Homes
sub-18

5,000kg
Homes
 sub-20

6,000kg
Homes Sénior
7,260kg

4. REGLAMENTO

  • Tódolos lanzamentos deberán ser efectuados dentro dun círculo de 2,13m de diámetro.
  • Permítese o uso de guantes lisos polas dúas caras coas puntas ao descuberto para protexer as máns.
  • O martillo utulizado para o lanzamento debe estar certificado, garantizando o peso, lonxitude, diámetro, o mango e centro de gravedade adecuados.
  • Un lanzamento será considerado nulo se:
- Unha vez iniciado o lanzamento, o atleta toca con calquera parte do corpo a zona exterior do círculo ou a parte superior do aro. 
- A cabeza do martillo toca máis dunha vez o chan. Se rompe durante o lanzamento tamén será nulo.
- O martillo cae fóra do sector ou sobre a línea que o delimita.
- O atleta sae pola parte de atrás do círculo antes de que o martillo chegue a zona de caída.
- O atleta sae pola parte de diante do círculo.
- Sobrepasar o tempo establecido para o lanzamento.

5. TÉCNICA DO LANZAMENTO

  • AGARRE DO MARTILLO
A asa agárrase coa segunda falanxe dos dedos da mán esquerda, a excepción do pulgar. A mán dereita abraza a esquerda, colocándose por encima dela.
 Os dedos pulgares poden estar entrelazados entre si, co esquerdo sobre o dereito ou ben paralelos, un ao lado doutro.





  • POSICIÓN INICIAL
O lanzador colócase en estático no borde posterior do círculo, de espaldas en dirección a zona de lanzamento. Os pés atópanse separadas á anchura dos hombros ou algo máis (según preferencias). O tronco estará inclinado cara o frente cunha pronunciada rotación cara o lado dereito, de maneira que o hombro esquerdo quede diante. Os xeonllos semiflexionados e o peso do corpo sobre a perna dereita. Os brazos extendidos agarran a asa co martillo.

O alambre do martillo está completamente extendido. A cabeza de dito implemento está apoiada atrás sobre o piso e, en función da comodidade do atleta: en fornte, atrás, dereita ou esquerda.





  • VOLTEOS PRELIMINARES
O obxectivo dos volteos é adquirir unha velocidade de desplazamento do martillo óptima, así como para crear as condicións máis favorables para entrar no primeiro xiro e sucesivos.

Estos inícianse con unha acción da perna dereita e hombro esquerdo desplazando o martillo cara arriba e cara a esquerda. Cando as máns chegan a altura da cara, prodúcese un cambio de hombros e o peso dunha perna a outra. Durante o seu recorrido, a cabeza do martillo describe unha elipse cuxo punto máis baixo sitúase a dereita do pé dereito do lanzador/a, e o máis baixo por detrás e a esquerda.

O tronco debe permanecer erguido coa mirada cara o frente, os brazos do lanzador/a o máis extendidos posible.




  • TRANSICIÓN DO ÚLTIMO VOLTEO AO PRIMER XIRO
A calidade desta fase condicionará a calidade das seguintes. O obxectivo deste ciclo é conseguir unha transición armónica e equilibrada do movemento xiratorio do martillo ao de rotación do martillo e o lanzador/a.

Este momento comeza cando o martillo está no punto alto na órbita do último volteo (figura a), logo deberase trasladar o peso do corpo de maneira progresiva dende a perna dereita cara a perna esquerda, realizando un lixeiro descenso das cadeiras (figuras b e c).




A torsión do tronco permite acelerar a cabeza do martillo. De forma simultánea, os brazos deben ter a máxima amplitude posible e os hombros deberán estar relaxados.


  • XIROS
Fánse 3 ou 4 cando a cabeza do martillo se atopa no punto máis baixo (a dereita) con un xiro ou pivot sobre a punta do pé dereito e o talón do esquerdo. Para o xiro sobre o talón a punta do pé esquerdo elevase lixeiramente. No momento que alcance un xiro de 90º a 100º como máximo, o pé dereito deberá levantarse do suelo.

 A partir de este momento o lanzador/a pasa a posición de apoio unipodal cos xeonllos lixeiramente flexionadas.






            
  • LANZAMENTO
Completado o último xiro, o/a lanzadora atoparase no borde anterior do círculo. Flexionaránse máis as pernas e os pés permanecen firmes no chan. No momento final, as pernas extendense e os brazos acompañan ao martillo.




  • RECUPERACIÓN
Despois de lanzar, o/a deportista experimenta un desequilibrio que o impulsa cara diante debido a aceleración acumulada. Para contarrestar este efecto, fai un cambio de pé e descende o centro de gravedade, logrando así permanecer dentro do círculo.



6. SESIÓNS

Esta unidade didáctica sobre o lanzamento de martillo terá como obxectivo primordial a noción dos aspectos técnicos básicos do lanzamento de martillo, como así unha correcta execución na que se diferencen as fases tratas no anterior punto. O contido a tratar distribuiráse en 3 sesións: 

SESIÓN 1

Programada en 4 partes.

 A primeira, dado que esta será unha sesión introdutoria a esta modalidade de lanzamento decidín adicar uns minutos a orientar os discentes sobre a actividade mostrando o artefacto - tanto de competición como o adaptado á iniciación- sinalando cada unha das súas partes e mostrando a zona de competición.  

Quecemento

Ten como obxectivo a activación e preparación física e psicolóxica para a posterior actividade.

         1. Comezará cunha movilidade articular de arriba cara abaixo cunha dose de 6 repeticións:  

Pescozo: dereita-medio-esquerda; (con abdución de hombros) xirar a mirar palmas das mans; circundución.
Hombro: adiante- atrás, 1º un brazo só logo o outro; adiante-atrás,2 brazos á vez; alternar arriba-abaixo.
Cóbado: flexión-extensión (1º só un brazo e logo os dous á vez), a altura de hombros por encima da cabeza.
Pulso: circundución con mans entrelazadas; hiperextensión de dedos un a un.
Cadeira: circundución; abdución; adución; baixar a tocar tobillos con man contraria.
Xeonllos cunha pequena flexión: abdución-extensión; flexión-extensión.
Nocello: circundución dereita-esquerda.

De seguido faráse un xogo que segue tendo como principal obxectivo a activación dos participantes pero que xa introduce certos aspectos da dinámica do movemento de lanzamento.


       2. O xogo consiste en ir rotando por un espazo delimitado no que haberá un balón lastrado, terán que coller o balón 3 veces: cos xeonllos lixeiramente flexionados facer 3 círculos por encima da cabeza de maneira controlada e lanzar o balón lateralmente.

 Parte inicial

Consistirá nunha serie de exercicios analíticos que teñen como obxectivo a:

  •  Familiarización activa co martillo.
  • Aprendizaxe da técnica sobre o agarre e a posición do corpo (pernas: lixeiramente flexionadas; brazos: levalos estirados no momento de lanzar).
  • Traballar o equilibrio movendo o artefacto a distintas alturas para así gañar control sobre o corpo debido a inestabilidade que supón realizar certos movementos do lanzamento.
Exercicios analíticos, primeiro realizados cun martillo adecuado para a iniciación :

1º Mover o martillo arredor dun mesmo arredor da cintura utilizando ambas mans.
2º O mesmo, cos ollos cerrados.
3º Volteos por encima da cabeza coa man dereita.
4º Volteos por encima da cabeza coa man esquerda.
5º Volteo técnico estáticamente.
6º Volteo técnico estáticamente finalizando con lanzamento.

Estes exercicios terán cada un, unha dose de 8 repeticións.

Volta a calma


Feedback da sesión mentres se estira por parellas, a quen estira está sentado/a:

- Antebrazo: acercando o dorso da man ao brazo.
- Tríceps: co cóbado doblado, levar o brazo do compañeiro/a a flexión de hombro.
- Pectoral: tirar de ambos brazos cara atrás.
- Isquitibiais: o/a que estira deitado, levantar a perna acercándoa ó tronco. Unha man estará no xeonllo para impedir a súa flexión.
- Xemelgo: levantar a perna de igual xeito, pero so facendo forza na punta do pé.



SESIÓN 2

Quecemento


Movilidade articular de arriba cara abaixo cunha dose de 6 repeticións: 

- Pescozo: dereita-esquerda mirando as palmas das mans; arriba-abaixo; circundución. 
- Hombro: arriba-abaixo; circundución; adución-abdución (primeiro so cun brazo, logo simultáneo).
- Tronco: lanzar lateralmente os brazos; flexión e chegar aos pés progresivamente tocando unha perna coa man contraria.
- Cóbado: con brazos a altura de hombros, flexión-estensión; so para a dereita; so para a esquerda; alternar dereita esquerda; cara arriba.
- Pulso: entrelazar mans e facer circundución.
- Cadeira: circundución; hiperextensión-retroversión; adución-abdución.
- Xeonllos: sen tocar o chan, circundución; flexión-extensión; dereita-esquerda.

Movilidade xeral:

Abdución-adución de pernas e brazos. (x5").

Trotar 3m facendo: skiping

SESIÓN 3

O deseño desta derradeira sesión é distinta posto que a utilizada nas dúas anteriores non se adecuaba ós aspectos que quería traballar. Así pois separeina en 8 partes.

Debido a un imprevisto doutro grupo, contei tamén coa participación dun novo alumno. A miña primeira idea era seguir coa sesión programada: os alumnos que tiven ata agora continuaron o desenrolo da súa aprendizaxe según o planeado mentres que eu examinaba o nivel do inesperado alumno.

En vista da disimilitude de conocementos,
1.º Breve  explicación do desenrolo da sesión para ubicar aos alumnos/as.

2.º Activación dunha duración aproximada de 10 minutos repartidos en:

               2.1. Movilidade articular en estático en orde descendente cunha dose de 5 repeticións:

- Pescozo: dereita-esquerda mirando as palmas das mans; arriba-abaixo; circundución. 
- Hombro: arriba-abaixo; circundución; adución-abdución (primeiro so cun brazo, logo simultáneo).
- Tronco: lanzar lateralmente os brazos; flexión e chegar aos pés progresivamente tocando unha perna coa man contraria.
- Cóbado: con brazos a altura de hombros, flexión-estensión; so para a dereita; so para a esquerda; alternar dereita esquerda; cara arriba.
- Pulso: entrelazar mans e facer circundución.
- Cadeira: circundución; hiperextensión-retroversión; adución-abdución.
- Xeonllos: sen tocar o chan, circundución; flexión-extensión; dereita-esquerda.

                2.3. Movilidade xeral dinámica:

- Abdución e adución de pernas e brazos (x5").
- Trote de 6m facendo (x6):



3 PRIMEIROS METROS 3 ÚLTIMOS METROS
IDA Skiping perna dereita skiping perna esquerda
VOLTA igual, pero cara atrás igual, pero cara atrás
IDA man toca pé contrario
VOLTA trotando
IDA 3 sentadillas e carreira lateral lado dereito carreira lateral lado esquerdo
VOLTA 3 saltos e carreira lateral cruzando (dereita) carreira lateral cruzando (esquerda)



3.º Práctica individual do lanzamento completo preguntando, en caso de que as haxa, dúbidas sobre a execución da técnica. 5 minutos.

                * En vista da probable falta dun martillo para o uso individual, utilicei distintos materiais (martillo adaptado, balón lastrado e unha pelota), os cales se foron rotando cada 5 repeticións.

                                        
Dado que esta era a derradeira sesión, quixen facer unha evaluación dos coñecementos dos alumnos/a acadados ata agora para ver se o obxectivo principal destas tres programacións se cumprira.

Para saír das monótonas e tradicionais formas de avaliación, apliquei dúas metodoloxías distintas: a autoavaliación e a avaliación recíproca. Desta maneira continuei mantendo o grao de concentración mentres seguían aprendendo

 Deste modo, os dous seguintes puntos da programación conformanos:

4.º Autoavaliación. Dínlles a cada un unha folla na que aparecían varios criterios de referencia a avaliar en cada da fase do lanzamento. Na marxe dereita tiñan que puntuar a súa execución do 1 ao 5, sendo este último a máxima calificación.

- 5' aprox. -

5.º Evaluación recíproca. Mentres un/a realizaba 3 lanzamentos consecutivos, os seus compañeiros anotaban na súa ficha a valoración das accións realizadas en cada fase. Ao finalizar ditos lanzamentos, van decindo as notas e os erros.

- 10' aprox. -

6.º Para un mellor asentamento de ditas correccións cada un volverá a realizar o lanzamento completo prestando atención ao dito polos compañeiros. Tamén contará coa axuda dos demais, que agora si poderán correxir durante a execución.

- 10' aprox. -

7.º Competición. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...