miércoles, 1 de noviembre de 2017

Como introducir unha nova actividade


Esta entrada vouna dedicar a un aspecto que  fun observando durante varias clases dende comezo de curso, e é a maneira na que comezamos unha nova actividade. 

Nas clases de Educación Física que cursei durante a ESO e 1º de Bacharelato, comezabamos todalas actividades e deportes na aula. Alí a profesora presentaba a tarefa a que nos dedicaríamos a través dunha sesión totalmente teórica, facendo xa fincapé en aspectos técnicos aos que tiñamos que prestar especial atención. Esta aprendizaxe non se produce dun modo tan valioso como se o alumnado ten un primeiro contacto coa actividade de maneira primitiva, é dicir, realizandoa espontáneamente. Ao dár de anteman unhas directrices, a práctica pode verse condicionada por ditas instrucións e non ver o verdadeiro desenrrolo do/a alumno/a na actividade.

Con Eduardo, iniciamos cada unidade didáctica de maneira práctica. En canto comezamos con vallas, o primeiro que nos dixera foi que as pasasemos coma un obstáculo calquera, coma o faría un cativo. Unha vez que todos pasamos as vallas varias veces e tiveramos certa confianza, foi cando introduceu algún aspecto técnico que nos axudarou a pasalas mellor. Logo disto, foi cando tratamos a teoría na sesión semanal que damos na aula de informática. 

Sen contrapoñer na súa totalidade ambas clases -a de E.F. e as de esta asignatura- as clases do ciclo con Eduardo, marcan unha gran diferenza en contraste a esta dinámica. Como dixera nunha entrada anterior, con el temos unha dobre aprendizaxe: a maiores de instruirnos na unidade didáctica a tratar, tamén vemos formas de como desenrolala. O feito de experimentar ambos métodos faime reflexionar sobre cal sería o máis apropiado para ensinar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...