domingo, 12 de noviembre de 2017

A importancia de coñecer os alumnos


A forma na que un profesor transmite a información, na que organiza a sesión e a maneira na que trata os contidos, son aspectos que inflúen moito na disposición do alumnado cara a asignatura. O habitual son as clases nas que o/a profesor/a trata un por un, e de maneira aislada cada unidade didáctica. Aínda que non coñezo a opinión como docente, a experiencia como alumna é moi pouco motivadora.

Nesta asignatura de actividades físicas individuais, a diferenza é abismal. Nas clases teóricas, que son as que adoitan ser máis densas, nunca tratamos unha soa actividade senón que o profesor fai unha combinación de maneira que, ben sexa facendo artigos, vendo vídeos de técnica ou videos de competicións profesionais tratamos todas as actividades-vallas, relevos, mariposa, espalda- que facemos os días de práctica. Este cambio de actividade fai que a atención estea máis focalizada na tarefa a realizar. Do mesmo xeito que inflúe a distribución do tempo adicado a cada unha delas.

Por exemplo, estar lendo a técnica de marcha, logo pasar a técnica do estilo crol e rematar vendo uns vídeos axuda a que a materia non se faga tan pesada. Como el di "non sempre se pode pretender ter os alumnos ao 100 por 100 concentrados", pero o certo é que traballar desta forma tan dinámica fai unha sesión de aprendizaxe bastante entretida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...