Análisis comparativo da técnica de carreira de 100 e 400m lisos fem


Neste artigo analizaremos as diferenzas da técnica de carreira en 100 e 400 metros lisos das mulleres. Comentaremos cada proba por separado facendo finapé nos aspectos que cremos que marcan as peculiaridades de cada unha.


En primeiro lugar, cabe explicar que a proba de 100m lisos. Esta consiste nun sprint en linea recta, polo que todas as corredoras comezan a carreira a mesma altura. Agora ben, comezando de arriba abaixo, observamos que os pés non se apoian completamente no chan, senon que tan so fan apoio do metatarso cunha lixeira pronación. Do mesmo xeito, advertimos que canto maior sexa a flexión de xeonllo e, como consecuente a aproximación do talón ó glúteo, avanzan a maior velocidade.

Seguindo na línea do tren inferior, é destacable que as zancadas son máis cortas e frecuentes que na proba de 400 m lisos. Despois de ver en detalle varios videos da proba de 100m  a penas notamos variacións na execución da técnica. Con todo, si sacamos conclusións. Nun principio, pensamos que as competidoras de maior estatura serían as que encabezarían a disputa xa que a lonxitude da perna contribuiría directamente na amplitude da zancada. Pois ben, no video desta competición (https://www.youtube.com/watch?v=IsYWLvZ6JfY&t=11), percatamonos de que as atletas máis altas non son precisamente as que van por diante do resto de contrincantes como se pode ver no video.

Continuando de maneira ascendente e facendo referencia ao tronco, as corredoras mantéñeno erguido cunha lixeira inclinación cara adiante. Tamén destacamos o feito do notorio balanceo de brazos durante toda a competición, ainda que a atleta que se posiciona en primeiro lugar non move o tronco tanto como o resto ata que se aproxima a meta ( anterior enlace).

En segundo lugar, hai que destacar a proba dos 400m lisos, que ao contrario da de 100m, non se disputa en línea recta. Esta carreira ten o comezo nunha curva, facendo que as participantes teñan que comezar a distinta altura, sendo a atleta que se posiciona na primeira calle a que comeza dende máis atrás.

Seguindo un orden ascendente, pódese observar que os pés, ó igual que o caso anterior, non teñen un apoio total. Isto, unido a rápido flexo-extensión de xeonllo é importante para gañar máis velocidade. Nos 400 m podemos ver que a diferenza dos 100m, as zancadas son máis largas e con menor frecuencia, a excepción do último tramo, no que tódalas  velocistas disminúen a amplitude da zancada e aunmentan a frecuencia.

No tronco, démonos conta dun detalle, e é que a pesar de que o seu movemento non é tan esaxerado, en comparación a proba anterior, ata que as atletas están a acadar a  meta. Neste momento, tanto o movemento do tronco como o braceo é máis frecuente co fin de gañar velocidade. Ao noso parecer, a carreira de 400m lisos é unha proba moi esixente e que require dun gran control do ritmo de carreira, poloque é importante manter unha alta velocidade xa dende o comezo e ainda aumentala máis nos últimos metros.

Logo desta análise, chegamos a conclusión de que as calidades físicas inflúen no feito de chegar a ser un/unha gran velocista, mais unha boa técnica de carreira pode é fundamental. O movemento dos brazos, o tronco, as pernas, os pés...todo inflúe. As horas que se dediquen ao adestramento farán que se chegue máis lexos e acades todas e cantas metas te propoñas. Nesta vida ninguén regala nada, o esforzo por conseguir o que se quere é primordial, mira sempre cara adiante e nunca te des por vencido/a.

Articulo en colaboración con Sara Flores.


BIBLIOGRAFÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...