Bolboreta

O nado de bolboreta é un nado de estilo simétrico, onde os brazos e as pernas recobran paralelamente durante todo o tempo de nado. Neste artigo veráse:

  1. O movemento das pernas.
  2. Acción de brazos.
  3. Posición do corpo.
  4. Coordinación.
  5. Respiracion.




1. MOVEMENTO DE PERNAS

O movemento de pernas -orixinado na cadeira- consiste en dous deslizamentos: un cara abaixo ou descendente e outro cara arriba ou descendente. Ambas pernas han traballar simultaneamente.


   Batido ascendente: as pernas son elevadas dende o punto máis baixo cara arriba sen flexionar os xeonllos, facendo descender a cadeira. Cando os muslos descenden, os pés continúan arriba e a cadeira atópase no punto máis baixo.

   Batido descendente: ou golpe maior. Os pés van cara abaixo nunha hiperextensión de tobillos, provocando deste xeito, a elevación das cadeiras. Cando comeza a extensión de xeonllos, os muslos acadan un ángulo de 90º .




2. ACCIÓN DE BRAZOS

Como noutros estilos, atopámonos con dúas grandes fases: a aérea ou recobro e acuática. A súa vez subdivídese en 4 fases: entrada, agarre, tirón e empuxe.

As máns entran na auga coas palmas mirando cara fora e cara abaixo e os cóbados case extendidos, cunha separación aproximadamente da anchura dos hombros, presionan cara abaixo,a fora e atrás. Deslizan cara diante e sepáranse buscando auga para realizar  o agarre para realizar o tirón (fase máis propulsiva dos brazos). Durante a primeira parte, comezan a flexionarse e a efectuar unha rotación interna, mantendo en todo momento o codo alto. As máns móvense apoximándose con unha dirección curva ata a flexión do brazo. Logo continúase con unha extensión ao mesmo tempo que as máns empuxan (subfase de empuxe) a auga cara atrás, para colocarse e iniciar o recobro.




                            


3. POSICIÓN DO CORPO

O característico deste estilo en relación a posición do corpo é o movemento ondulatorio producido polo forte batido de pernas. As cadeiras permanecen preto da superficie da auga, a cabeza levará unha posición de maneira que o nadador/a vaia mirando lixeiramente cara abaixo. Debido a acción do recobro, a posición do corpo muda durante cada ciclo completo, de tal forma que o corpo vaia realizando movementos ondulatorios ascendesntes e descendentes.





4.COORDINACIÓN

O  movemento da cabeza e os pés é relativamente sinxela, faráse un batido canda a cabeza entra na auga e outro cando sae. En canto ao comezo da tracción, non se comezará a tracción ata que os hombros estean fundidos, facilitando así a ondulación do corpo.





5. RESPIRACIÓN

A inspiración realízase cando a cabeza e os hombros están fóra da auga, momento no que tamén se inicia o recobro. Logo, unha vez que a cabeza entra na auga antes que os brazos para facer a tracción, comeza a espiración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...