viernes, 24 de noviembre de 2017

Organización

Antes de comezar unha unidade didáctica, o profesor sempre nos propón variantes que podemos utilizar cando sexamos técnicos/as, grupos de idade as que as podemos dirixir, como presentar a actividade ou mesmo algúns consellos que favorecen o seu desenrolo e fan de nós uns bos técnicos deportivos.

 Esos consellos son os que vou tratar nesta entrada, en concreto centrareime en dous: a puntualidade e a metodoloxía según o contido.

A puntualidade é un valor que xa comezamos a perfilar. Coma en tódalas profesións, chegar a tempo ao posto de traballo transmite principalmente profesionalidade e compromiso. Esta actitude vímola reflexada en varios exemplos. Un deles foi que sendo monitor/a dunha actividade nunha instalación, se chegas tarde e a algún dos usuarios/as lle ocorre algo, a responsabilidade recaerá sobre o técnico en cuestión posto que foi dentro do horario da actividade.

Persoalmente estou bastante soprendida dos recursos didácticos utilizados polo profesor. Aínda que tiven bastantes mestres, todos tiñan en común -ou cando menos moi parecida- a forma na que explicaban un tema, tendo así o erróneo pensamento de que, por exemplo, se explicaba todos os temas da mesma forma e porque non había máis maneiras de explicalo, e se a explicación resultaba aburrida era porque a actividade era aburrida.

Aínda que dende comezo de curso xa non teño esta idea, esta semana atopei a frase que mellor plasma o que quero transmitir nestas líneas: distinto contido, distinta acción metodolóxica. Cada actividade que comezamos Eduardo explicaa de maneira totalmente distinta. Utiliza pequenos  e distintos detalles en cada sesión que, polo menos dende o meu punto de vista, fanas amenas e produtivas.


martes, 21 de noviembre de 2017

Rugby tag

A semana pasada foi bastante distinta en canto a este deporte se refire, habitualmente o que facemos é formar catro grupos, dous amarelos e dous azuis. Na sesión de onte o que fixemos, en vista do futuro torneo de rugby tag, foi unha discriminación positiva: as chicas xogamos entre nós e os homes fixeron 4 equipos entre eles.

Ao sermos tan poucas no equipo feminino, o primeiro que tivemos que facer foi adaptar o xogo as circunstancias que se daban. Así pois, repartímonos en equipos, adaptamos o terreo de xogo e modificamos xogadas- en vez de facer a melé sacabamos coma se fora tag e nos saques laterais poñíase unha de cada equipo ó palmeo. Antes de empezar a xogar, compuxemos a caraterística  danza previa ós partidos, a haka. Nunca se dera a ocasión na que participaramos  tódalas rapazas xuntas, e a verdade é que foi moi divertido.

Coma sempre contamos ca axuda do profesor, mais desta vez a súa cooperación foi máis ben en calidade de entrenador -para o nomeado torneo- facendonos conscientes dos puntos flacos e dando consello de como facer a mesma xogada pero de mellor xeito. A parte do ben que o pasamos, a nosa formaión neste deporte seguiu crecendo: como correxir o/a xogador/a, posto que tivemos ao noso profesor retificandonos; e tamén porque nalgún momento fixemos de árbitro entre todas, reafirmando así os nosos coñecementos e compartíndoos cas compañeiras.

domingo, 12 de noviembre de 2017

A importancia de coñecer os alumnos


A forma na que un profesor transmite a información, na que organiza a sesión e a maneira na que trata os contidos, son aspectos que inflúen moito na disposición do alumnado cara a asignatura. O habitual son as clases nas que o/a profesor/a trata un por un, e de maneira aislada cada unidade didáctica. Aínda que non coñezo a opinión como docente, a experiencia como alumna é moi pouco motivadora.

Nesta asignatura de actividades físicas individuais, a diferenza é abismal. Nas clases teóricas, que son as que adoitan ser máis densas, nunca tratamos unha soa actividade senón que o profesor fai unha combinación de maneira que, ben sexa facendo artigos, vendo vídeos de técnica ou videos de competicións profesionais tratamos todas as actividades-vallas, relevos, mariposa, espalda- que facemos os días de práctica. Este cambio de actividade fai que a atención estea máis focalizada na tarefa a realizar. Do mesmo xeito que inflúe a distribución do tempo adicado a cada unha delas.

Por exemplo, estar lendo a técnica de marcha, logo pasar a técnica do estilo crol e rematar vendo uns vídeos axuda a que a materia non se faga tan pesada. Como el di "non sempre se pode pretender ter os alumnos ao 100 por 100 concentrados", pero o certo é que traballar desta forma tan dinámica fai unha sesión de aprendizaxe bastante entretida.


miércoles, 1 de noviembre de 2017

Como introducir unha nova actividade


Esta entrada vouna dedicar a un aspecto que  fun observando durante varias clases dende comezo de curso, e é a maneira na que comezamos unha nova actividade. 

Nas clases de Educación Física que cursei durante a ESO e 1º de Bacharelato, comezabamos todalas actividades e deportes na aula. Alí a profesora presentaba a tarefa a que nos dedicaríamos a través dunha sesión totalmente teórica, facendo xa fincapé en aspectos técnicos aos que tiñamos que prestar especial atención. Esta aprendizaxe non se produce dun modo tan valioso como se o alumnado ten un primeiro contacto coa actividade de maneira primitiva, é dicir, realizandoa espontáneamente. Ao dár de anteman unhas directrices, a práctica pode verse condicionada por ditas instrucións e non ver o verdadeiro desenrrolo do/a alumno/a na actividade.

Con Eduardo, iniciamos cada unidade didáctica de maneira práctica. En canto comezamos con vallas, o primeiro que nos dixera foi que as pasasemos coma un obstáculo calquera, coma o faría un cativo. Unha vez que todos pasamos as vallas varias veces e tiveramos certa confianza, foi cando introduceu algún aspecto técnico que nos axudarou a pasalas mellor. Logo disto, foi cando tratamos a teoría na sesión semanal que damos na aula de informática. 

Sen contrapoñer na súa totalidade ambas clases -a de E.F. e as de esta asignatura- as clases do ciclo con Eduardo, marcan unha gran diferenza en contraste a esta dinámica. Como dixera nunha entrada anterior, con el temos unha dobre aprendizaxe: a maiores de instruirnos na unidade didáctica a tratar, tamén vemos formas de como desenrolala. O feito de experimentar ambos métodos faime reflexionar sobre cal sería o máis apropiado para ensinar.



Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...