martes, 21 de noviembre de 2017

Rugby tag

A semana pasada foi bastante distinta en canto a este deporte se refire, habitualmente o que facemos é formar catro grupos, dous amarelos e dous azuis. Na sesión de onte o que fixemos, en vista do futuro torneo de rugby tag, foi unha discriminación positiva: as chicas xogamos entre nós e os homes fixeron 4 equipos entre eles.

Ao sermos tan poucas no equipo feminino, o primeiro que tivemos que facer foi adaptar o xogo as circunstancias que se daban. Así pois, repartímonos en equipos, adaptamos o terreo de xogo e modificamos xogadas- en vez de facer a melé sacabamos coma se fora tag e nos saques laterais poñíase unha de cada equipo ó palmeo. Antes de empezar a xogar, compuxemos a caraterística  danza previa ós partidos, a haka. Nunca se dera a ocasión na que participaramos  tódalas rapazas xuntas, e a verdade é que foi moi divertido.

Coma sempre contamos ca axuda do profesor, mais desta vez a súa cooperación foi máis ben en calidade de entrenador -para o nomeado torneo- facendonos conscientes dos puntos flacos e dando consello de como facer a mesma xogada pero de mellor xeito. A parte do ben que o pasamos, a nosa formaión neste deporte seguiu crecendo: como correxir o/a xogador/a, posto que tivemos ao noso profesor retificandonos; e tamén porque nalgún momento fixemos de árbitro entre todas, reafirmando así os nosos coñecementos e compartíndoos cas compañeiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...