sábado, 3 de marzo de 2018

Actividades complementarias


 Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primavera facendo actividades distintas: escalada, ciclismo, vela, raftting, senderismo e acampada... en entornos distintos.

A aportación que estas actividades nos van ofrecer, vai máis alá de quedarnos ca experiencia de practicalas, pois dende fai unhas semanas xa comezamos a organizalas co respaldo do profesor do módulo. Deste xeito estamos vendo todo o traballo que conleva organizar cada unha das saídas ou actividades, que non é pouco.

Unha das primeiras cousas que fixemos foi organizarnos por tarefas facendo grupos: o que se iba adicar a buscar a forma de financiarnos os custes das actividades e transporte preciso; e o que se encargaba de contactar coas empresas. Logo, xa en gran grupo, é decir, entre todos e todas decidimos as accións a realizar para a recaudación económica.

A máis popular - ainda que difíciles de vender- foron as clásicas papeletas ou rifas. Inicialmente cada un fixemonos cun talonario para vender as máximas posibles. Pasados varios meses fixemos un reconto e, en vista das papeletas que sobraran, o profesor fixo unha proposta para acabar de rentabilizalas: vendelas por grupos. Aínda que non fixemos reconto e, polo tanto non sabemos como de proveitosa foi a suxestión, animámonos bastante a dárlle o último empuxo a estas rifas.

Nunha das xuntanzas que tivemos o gran grupo, tamén surxiron diversas propostas, dende facer un rastrillo no centro, facer pegatinas ata facer camisolas que nos axudasen a recolectar diñeiro. Finalmente acabamos optando por esta última, a das camisolas. A pesar de que non é unha inversión tan fiable como podería ser a das pegatinas, si pode acabar sendo a máis vendible.

Outro pequeno recurso do que nos valemos para o respaldo das actividades foi colaborar nunha carreira de orientación. Sen dúbida foi unha gran experiencia que volvería a repetir, como farei o próximo 24 de marzo, desta vez nunha carreira de orientación polo centro da cidade.

Persoalmente, creo que aplicar esta didáctica na planificación destas actividades foi todo un acerto. Como dixen anteriormente, porque vemos o traballo que hai detrás da tradicional autorización que nos levan dando no colexio dende cativos; porque aprendemos a enfrontarnos a novos procesos que probablemente chegarán a formar parte da nosa actividade laboral e porque aprendemos a traballar en equipo con outras persoas.

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...