Crol

Para estudar mellor a técnica do estilo crol, tratarei por separado a acción de brazos, a respiración, a posición do corpo e a acción das pernas.
  1. ACCIÓN DE BRAZOS
         1.1FASE SUBACUÁTICA

Entrada: a man entra diante do hombro co cóbado lixeiramente flexionado.       A muñeca tamén estará algo flexionada de xeito que a palma estea mirando cara fora. Dadas estas colocacións, os primeiros en entrar na auga serán os dedos. Chegados ata aquí, a palma da man comeza a deslizarse cara abaixo e cara fora do noso corpo.


Agarre: o cóbado estará totalmente extendido e o máis adiante posible. Logo comezará a tracción, que comezará lenta pero que irá aumentando a velocidade paulatinamente. A muñeca, flexionada cara abaixo, xira cara fora e cara atrás

          *Os brazos teñen que estar en contínuo movemento, é dicir, o outro brazo non debe esperar a que o que tracciona recupere a súa posición.

Tirón: a medida que a man presiona cara abaixo e cara atrás en forma cócava ca palma cara dentro, a flexión do cóbado é máis notoria. Cando a man alcanza o punto máis profundo, comeza a tracción cara dentro e cara atrás pasando pola línea media corporal. O cóbado terá aquí unha flexión de aproximadamente 45º, pois será o primeiro en saír da auga.






        1.2 FASE AÉREA

Unha vez que  a man está por finalizar o empuxe; o cóbado sae a superficie movéndose cara arriba e  diante cunha pequena flexión; a muñeca levará unha pequena flexión para o interior de xeito que a palma da man vaia mirando cara fora.



   


     2. ACCIÓN DE PERNAS
Na acción de pernas, batido aleteado ou simplemente patada de crol, máis que propulsarse, o que se busca é a estabilización do nadador para poder manter deste xeito unha posición máis estable e hidrodinámica. Aínda que durante algún momento da súa traxectoria as pernas se moven lateralmente, os seus movementos principais é  ascendente e descendente. É importante recordar que ditos movementos orixínanse dende a cadeira.

No momento que a perna dereita se atopa no fondo, a esquerda atoparase nunha posición superior. Ao iniciar a subida, a perna dereita deberá facelo sen doblar a xeonllo. Pola contra, cando a esquerda baixa, facerao baixando primeiro a parte superior da perna e flexionando lixeiramente o xeonllo.

Debido ao rolido do tronco, o tren inferior tamén fai un movemento cara dentro e cara fora, aínda que menos evidente. Os tobillos irán relaxados.










 
    3. POSICIÓN DO CORPO
Para ofrecer a menor resistencia a auga, é necesario realizar da mellor forma posible 3 puntos en relación á posición do corpo:
  • A alineación horizontal: ou plana para que os pés se movan de forma efectiva a certa profundidade.
  • A alineación lateral: son as flutuación que fai o corpo debido ao movemento de brazos: cando o nadador/a da unha brazada co brazo dereito, realiza un rolido cara o lado esquerdo de forma que se facilita a respiración e o brazo esquerdo pode facer o agarre máis adiante. Como consecuencia a este rolido é que se produce unha alineación de hombro, cóbado, cadeira e perna.
  • Rolido ou rotación do corpo: é o xiro que se realiza a través do eixe lonxitudinal que facilita o movemento de tracción e recuperación dos brazos. Considerase unha boa rotación aquela que ten como mínimo 45º sobre cada lado a partir da posición prono.






          4.COORDINACIÓN

    • Brazos-pés: a forma máis habitual é a través dos batidos. Os máis habituais don os ritmos de 6, 2 e 4. O primeiro incorpora tres batidos de pernas por cada ciclo de brazos. No de 2 batidos, os nadadores completan dous batidos descendentes por cada ciclo de brazos. O batido a 4 tempos é unha combinación do de 6 e 2 tempos, onde o nadador utiliza unha coordinación de 2 batidos durante unha brazada e un batido de 6 en outra.




    • Brazos-cabeza: no momento no que o brazo contrario ao lado do da respiración entra na auga, o brazo do lado da respiración está saíndo e inicia o recobro. No momento que pasa a altura do hombro, sácase a cabeza para respirar, coincidindo co paso do brazo, co codo flexionado e mirando cara arriba. Ese brazo ao entrar na auga, a cabeza xa estaría de novo sumerxida.



    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Actividades complementarias

      Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...