domingo, 29 de octubre de 2017

O profesor como exemplo



Na entrada desta semana, vou falar sobre un aspecto das clases de actividades físicas individuais que, xunto ca metodoloxía, máis chaman a miña atención e creo que facilita o desenrolo da clase.

Dende logo, os seres humanos tendemos a repetir o que vemos, e no ámbito educativo é común que un técnico ou profesor ensine os seus alumnos/as do mesmo xeito que lle ensinaron. Pois ben, isto é algo que o noso profesor ten moi presente a hora de impartir as súas clases e tratar os seus pupilos. Non máis lexos desta semana, vin exemplos que me inspiraron para o titulo desta entrada. 

Comezando logo por explicalo, débese a unha frase que dixo o profesor na sesión semanal de natación: "sede un exemplo para os vosos alumnos". Naquel momento o profesor iba comenzar unha demostración na piscina e, antes de meterse, duchouse e púxose o gorro reglamentario como previamente fixeramos nós. O que que se deu a entender con esa actitude é que o profesor, a pesar de ser o "xefe" tamén ten obrigas como a de, neste caso, cumplir as normas da piscina. Durante a clase, o profesor é como "o referente", se o profesor segue as directrices establecidas os alumnos tamén van seguilas.

Dende o meu punto de vista, esta actitude de "igual" é todo un exemplo para nós, tanto como alumnos mostrando o profesor máis cercano ao alumnado, como futuros profesores amosando que se pode  ter o control da clase igual sen manter  unha actitude superficial. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...