sábado, 21 de octubre de 2017

Metodoloxía


Cada semana podería facer unha publicación co mesmo título ca esta. Nas clases de actividades físicas individuais  con Eduardo, hai unha dobre aprendizaxe. Por unha banda esta o que é a clase en si, e pola outra os métodos didácticos.

O que máis me gusta das clases é como a organiza para que se desdenvolva de maneira dinámica e como distribúe o tempo de cada actividade para que nós esteamos concentrados o maior tempo posible. Nas sesións de natación, para non perder ese fluir da clase, fíxo distintos grupos para que cada un de nós puidera traballar ao seu ritmo. Outro punto destacable son as distintas perspectivas que nos fai ter observando a técnica dos demais compañeiros/as.
Nunha das clases teóricas nas que había que facer os test de carreiras, tamén deixou que cada un os fose facendo ao seu ritmo e logo, os que tardamos máis en rematalos, explicounos a seguinte tarefa mentres o resto do grupo xa estaba traballando nela.

Antes de comezar este ciclo, pensaba que o fundamental nun/ha técnico/a deportivo/a era que coñecese unha ampla variedade de exercicios co fin de seguir traballando un mesmo aspecto pero de distinta maneira para que os alumnos/as non se aburrisen. Logo de un mes de formación encamiñada a técnica deportiva, sen dúbida añadiría a importancia de contar cunha metodoloxía que facilite o desenvolvemento da clase nun ambiente óptimo.

En tódalas clases vexo exemplos didácticos a través dos que o profesor é quen de levar a programación da súa clase a diante mentres, persoalmente, disfruto, aprendo, e mesmo non teño a sensación de estar na clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...