lunes, 2 de octubre de 2017

Primeira sensación

En todas as clases de  actividades físicas as cales fun, a metodoloxía era facilmente comparable posto que practicamente era a mesma. Como participante a sensación é de monotonía, aburrimento e pesadez. Dende o comezo desta asignatura, a miña visión dos métodos que un técnico deportivo pode utilizar ampliouse gratamente. 

O que máis me gusta e chama a atención das clases, é que a aprendizaxe non so está enfocada tan só ó deporte , senon tamén aos recursos utilizables en función dos sucesos que vaian xurdindo. . Ao longo destas clases, foise vendo como captar a atención dos alumnos/as de forma eficaz e pragmática: con mover o grupo a escasos metros de onde se atopa, conséguese silencio e que todos/as estean pendentes da información proporcionada polo profesor. Tamén se veu como cambiar positivamente a programación do día por mor de imprevistos; como involucrar aos participantes na actividade de xeito que teñan a perspectiva de xogador/a e árbitro/a ou como levar a cabo áxilmente unha clase numerosa.

Dende o meu punto de vista, os coñecementos adquiridos vénse altamente enriquecidos xa que a formación está adaptada a realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...