lunes, 9 de octubre de 2017

Outro punto de vista


Como cada semana, nesta entrada vou falar sobre os aspectos que persoalmente máis destacaría sobre as clases desta asignatura. A semana pasada por mor dunha contractura muscular, foime imposible realizar a clase. Nela practicouse carreira de vallas con exercicios especificos e iniciación a carreira de relevos.

Logo de comentarlle a lesión ó profesor, este encargounos a outros compañeiros lesionados e a min unha tarefa. Tiñamos que observar a técnica dos nosos iguais fixándonos en determinados aspectos: a perna de ataque e a de impulso; o braceo, se iba coordinado ; a flexión de tronco a hora de pasar a valla...incluso nos autorizou retificarlles a realización dos movementos que viramos pouco acertados. Inesperadamente, disfrute desta clase como se non estuvera lesionada. 

Cando comezamos ca carreira de relevos puidenme incorporar xa que a primeira parte consistiu no pase do testigo. Puxemonos en grupos e centramonos no correcto pase entre os integrantes do grupo sen a parte da carreira. A pesar de que noutros exercicios, como na carreira de vallas, estivo ben que primeiro nos deixara saltar como foramos capaces, pareceume moi acertado que en relevos nos ensinara antes de nada a parte fundamental, que é o pase do devandito obxecto. Cando xa realizamos o xesto varias veces, introduceu a carreira.

 Como observadora, puiden decatarme de que ainda que Eduardo correxía a técnica, todos estabamos disfrutando da actividade e o ambiente do grupo era positivo. Ainda que non fixen a clase como habitualmente, non houbo ningún momento no que tivera a sensación de estar descolgada ou pouco involucrada nela. Foi unha sesión totalmente activa dende outro punto de vista pero no que a formación como técnica deportiva seguía nutríndose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...