sábado, 2 de diciembre de 2017

Adaptándose as circunstancias

Esta semana tivemos un exemplo dun consello que o profesor nos deu varias veces: que o voso traballo non se vexa condicionado polo espazo que tendes, o material dispoñible...

Dende principio de curso tivemos a sorte de contar cunhas condicións metereolóxicas, que ainda que son impropias da época na que estamos, foron as que nos permitiron aproveitar as pistas para a práctica de actividades relacionadas co atletismo, tratadas xa en entradas anteriores. 

Non obstante, o mal tempo comezou a chegar e as sesións desta semana tiveron unha pequena variación na súa dinámica, mais non nos seus obxectivos. No tocante ao rugby tag foi onde máis cambio houbo. Como o tempo non nos permitiu baixar as pistas de atletismo, utilizamos o pavillón como terreo de xogo. Dado que as dimensións da instalación limitaban bastante o terreo de xogo, en lugar de facer partidos, o profesor preparou varias actividades coas que practicamos máis a técnica de movementos, como por exemplo a do pase.

Ainda que o rugby tag non é unha actividade que teña que ser practicada necesariamente ao aire libre, non deixa de ser dificil adaptala a un espazo tan reducido coma o pavillón con un grupo de alumnado relativamente amplo.

O que máis me chamou a atención foi que no canto de facer unha "adaptación básica", é dicir, poñernos a xogar igual que o facíamos nas pistas, adaptou a actividade ao espazo dispoñible a través de exercicios cos que continuábamos inmersos no rugby.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...